- Incubadora de proxectos • Escola •
- Incubadora de proxectos • Escola •
- Incubadora de proxectos • Escola •
- Incubadora de proxectos • Escola •
- Incubadora de proxectos • Escola •
- Incubadora de proxectos • Escola •
- Incubadora de proxectos • Escola •
- Incubadora de proxectos • Escola •
Empoderando á mocidade, incubando as ideas que transformarán Europa

O noso Hub está formado por dous espazos de aprendizaxe: a incubadora de ideas e proxectos e a escola de educación non formal no tempo libre educativo xuvenil.
Ambas son un espazo vivo de aprendizaxe, creatividade e acción, onde a mocidade se converte na protagonista do cambio, transformando ideas en proxectos con impacto real no territorio.
Funcionan como un laboratorio de innovación social e educativa e emprendemento sostible, no que a educación non formal se converte nun motor de transformación persoal e comunitaria.
A través dun itinerario formativo innovador e participativo, acompañamos ás persoas mozas dende a xestación das súas ideas ata a creación de prototipos e a súa posible evolución cara a iniciativas emprendedoras ou sociais viables e sostibles.
Sementando ideas novas, cultivando o futuro europeo...

Misión
A nosa misión é empoderar á xuventude e á comunidade a través da educación non formal e a creatividade, xerando espazos de aprendizaxe libre, colaboración e innovación social. Promovemos o emprendemento con impacto, a participación activa e o desenvolvemento de competencias para transformar os territorios desde as súas raíces.
A nosa misión é activar o potencial da xuventude e das comunidades rurais mediante a educación non formal, a innovación e o emprendemento con impacto, creando espazos de aprendizaxe e cocración onde as ideas medran, se conectan e transforman o territorio. Apostamos por unha sociedade máis xusta, inclusiva e sostible, onde ninguén quede atrás e cada persoa teña a oportunidade de contribuír ao seu futuro e ao do seu entorno.