Aquí está a revolución rural
Programa de desenvolvemento que conecta o emprendemento,a tecnoloxía e a xuventude rural.
COWORKING E INCUBACIÓN
DESENVOLVEMENTO TECNOLÓXICO
TURISMO DIXITAL
MARKET-PLACE
.. e moito máis
QUE BENEFICIOS APORTA DÍXITO?
- Identifica un espazo de acción.
- Crea espectativa.
- Aporta información e formación.
- Crea programas de desenvolvemento tecnolóxico.
- Aporta solucións ao emprendemento xuvenil.
QUE FACEMOS
COWORKING RURAL
O proxecto Díxito está preparado para abrir espazos de coworking rural onde sexa preciso. A colaboración entre o mundo do emprendemento, a empresa e a universidade é básico para a apertura destes espazos físicos ou en liña para xóvenes emprendedores.
ESPAZOS DE INCUBACIÓN
O proxecto Díxito crea espazos de ideación e creación de proxectos dirixidos a aquelas entidades que queiran trabllar con mozas e mozos de 16 a 35 anos. Son espazos de formación, mentoría, acompañamento, aprendizaxe e estimulación.
DESENVOLVEMENTO TECNOLÓXICO
Neste proxecto, estamos moi preocupados pola redución da fenda dixital, para o que preparamos un plan de acción dixital nas zonas rurais que consiste na dixitalización e apoio continuo para empresas e emprendedores rurais.
TURISMO DIXITAL
Outro aspecto que nos preocupa é o desenvolvemento dun turismo sostible e a súa visibilidade, dar a coñecer o turismo rural e crear programas integrais para o desenvolvemento de actividades é o noso principal obxectivo.
MARKETPLACE
O apoio ao comercio de proximididade tamén é importante para o noso proxecto: Díxito creou unha plataforma virtual dedicada exclusivamente ao comercio local.
QUEN SOMOS
Lug Open Factory é unha entidade sen ánimo de lucro que se adica a desenvolver ideas e proxectos innovadores coa xuventude ao servizo da sociedade: un espazo creativo para mozos e mozas que poidan revolucionar cun xeito de traballo baseado no acompañamento, a sinerxia,... e usando a tecnoloxía como base de todo.
Un equipo de vinte profesionais e empresas de diversos ámbitos ao servizo do emprendemento e do rural.