PROGRAMA MENTORING XUNTA DE GALICIA

QUE É?

Queres participar na 1a edición do programa Xuventude Mentoring na Empresa para mozos de entre 18 e 30 anos.

Este programa da Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia busca que a mocidade mellore as súas posibilidades de incorporación ao mercado laboral mediante unha estadía en prácticas remuneradas nunha empresa, dun mínimo de 300 horas totais e un máximo de 3. meses, prorrogado entre os meses de setembro e novembro de 2023.

Pola súa participación no programa, os participantes recibirán unha bolsa de formación dun mínimo de 630 € mensuais, incrementado en 100 € mensuais para gastos de desprazamento e outros 100 € mensuais no caso de persoas con discapacidade igual ou superior a 33. % ata un máximo de 830 €.

Ademais das prácticas, os participantes disporán tamén dun plan de formación complementario en habilidades e competencias para o emprego que se poderá impartir de forma presencial, telemática ou mixta.

As empresas participantes son:

Poderán participar distintos perfís de I+D+i, finanzas, recursos humanos, tecnolóxicos, administrativos e/ou de desenvolvemento empresarial e atención ao cliente que se axusten aos departamentos destas empresas.

REQUISITOS

  • Ter entre 18 e 30 anos
  • Estar empadroado en Galicia durante polo menos 1 ano.
  • Estar empadroado e figurar como beneficiario do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, dentro da Comunidade Autónoma de Galicia.

Durante o proceso selectivo teranse en conta as seguintes condicións:

  • Acreditar que a persoa solicitante ou proxenitora é vítima de violencia de xénero: 2 puntos.
  • Persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 %: 2 puntos.
  • Persoas en risco de exclusión social: 2 puntos.
  • Antigüidade no Sistema Nacional de Garantía Juvenil,  ata a data de finalización do prazo de solicitude na entidade: 0,10 puntos por cada mes inscrito (ata 1,5 puntos).
  • A idade do solicitante co seguinte baremo (ata 1,5 puntos):

 

  • Maiores de 28 anos: 1,5 puntos.
  • De 26 a 27 anos: 1,3 puntos.
  • De 24 a 25 anos: 1,1 punto.
  • De 22 a 23 anos: 0,9 puntos.
  • De 20 a 21 anos: 0,7 puntos.
  • De 18 a 19 anos: 0,5 puntos.

Ter sido beneficiario dunha axuda individual do programa Galeuropa: 2 puntos.
Ter sido participante en Xuventude Mentoring: 2 puntos.

PARTNERS

Queres saber máis?