lug open factory
Slide 1

14 e 15 de decembro by Complexo Residencial Lug2

hackathon
ATLIC
creative Jam
Image is not available

Participa nun evento de ideación xuvenil onde poderás coñecer xente coas túas inquedanzas, optar a participar en hackathons internacionais ou gañar premios.

Slide 2

14 E 15 de decembro Complexo Residencial Lug2

IDEANDO COMUNIDADES ATLÁNTICAS DA AUGA
Image is not available

Analizaremos estas temáticas coa mocidade que asista na busca de solucións reais a problemas existentes no Espazo Atlántico.

Slide 3

14 e 15 de decembro Unha oportunidade para crear

COIDAMOS A AUGA OCÉANA
Image is not available

Axudamos ás comunidades rurais con innovación para que se consolide a poboación de habitantes da Europa baleirada

previous arrowprevious arrow
next arrownext arrow
Diseño sin título (22)

Buscamos novas ideas coa Xuventude Atlántica

Durante dous días poderás participar nun evento creativo onde crearemos novas ideas e proxectos cara o ano 2030 e pensando no desenvolvemento de prototipos na Economía Azul.

DESCUBRE

As grandes posibilidades do rural e como o podemos apoiar

APRENDE

Un grupo de expertos estarán contigo para ofrecerche varias formacións

DESEÑA

Crea ideas e proxectos innovadores en equipo e gaña premios

INNOVA

Buscamos ideas innovadoras con base tecnolóxica e sostibles

Os temas

Nun Hackathon traballamos cunhas temáticas moi concretas aínda que abordan temáticas moi xerais.

A Economía Azul defínese como: “Calquera actividade económica relacionada directa ou indirectamente cos océanos, o mar e a costa”

O concepto de economía azul baséase en calquera actividade económica relacionada directa ou indirectamente co mar e a costa. Este concepto baséase na estratexia europea “Crecemento Azul”, para apoiar o crecemento sostible dos sectores mariño e marítimo e recoñece a importancia dos mares e océanos como motores da economía europea polo seu gran potencial de innovación e desenvolvemento. 

Centrarémonos na AUGA, con todas as posibilidades que ten desenvolver prototipos para traballar con ela, para coidala, para innovar; unha metodoloxía que se basea nun crecemento intelixente, sostible e integrador como vía para superar as deficiencias estruturais da economía europea, para mellorar a súa competitividade e soster unha economía social de mercado sostible, sendo un dos seus obxectivos o fomento. de investigación e desenvolvemento tecnolóxico (I+D).

Pretendemos dar solución e aportar luz a aqueles aspectos que máis preocupan á xuventude cara poder dar oportunidades aos mozos e mozas, neste caso, do rural.

AUGA E CAMBIO CLIMÁTICO
AUGA E TECNOLOXÍA
AUGA E DEREITOS HUMANOS
AUGA E BIODIVERSIDADE
AUGA E COMUNIDADE
AUGA E FUTURO

Que é unha Creative Jam?

Unha jam creativa local é un evento de curta duración (xeralmente entre 24 e 48 horas) onde creativos de diferentes disciplinas se reúnen para colaborar e desenvolver proxectos creativos de forma intensiva. Algunhas características principais son:

Colaboración interdisciplinar.
Tema ou desafío específico.
Formato de maratón creativo.
Obxectivos variados.

Networking e aprendizaxe: Ademais de crear proxectos, estes eventos permiten aos participantes coñecer outros profesionais creativos, compartir coñecementos e ampliar as súas redes.

O obxectivo principal é fomentar a creatividade, a experimentación e a colaboración nun ambiente de traballo intenso e divertido.

24

PARTICIPANTES

6

EQUIPOS

2

DÍAS

6

PROXECTOS

Conforma o teu Equipo

Elixe unha temática

Xa vimos antes as temáticas coas que nos gustaría que traballaras na Creative Jam: estaría ben que elexiras algunha coa que te sentiras ben e na que poideras disfrutar

Conforma un equipo

Podes vir á Creative Jam co teu equipo creado (máx. 4 p.) ou ben deixarte levar e configuralo coas personas que asistan. Canto máis multidisciplinar mellor!

 
Crea unha idea

E de inmediato comezaremos o proceso creativo, teredes unha persona mentora que traballará con cada equipo e que vos irá guiando polas diferentes metodoloxías

 

Antes de comezar é moi bo que te informes ben

Sí, a única condición que che poñemos é que teñas cumpridos os 18 anos e non pases de 30.

Non, é un evento gratuito que cubre todos os gastos de mantenza, formacións e actividades. Se vés de fóra de Lugo avisa que poderás durmir de balde no Albergue Xuvenil Lug2. 

Non, con que veñas tí e traias moitas gañas de facer cousas novas, xa está! Pero se traes o teu portátil moito mellor!!!

Absolutamente nada, fai todas as preguntas que precises. De tódolos xeitos non te preocupes na Creative Jam terás personas que te formen, te asesoren, te guíen,…

Non quedes con dúbidas

Podes contactarnos

Envíanos un WathsApp

620 789 835

Fórmate con eles@

Youssef Badsi
Edu Ulloa
Mar Castro
Marcos Rodríguez
Miguelentinta