O vindeiro 4 de novembro ás 10 da mañá reuniránse logo do tempo de pandeima os coworkers da Lug Open Factory co fin de retomar as súas reunións periódicas de traballo.
Para elo a Lug Open Factory abre un novo espazo de pensamento e ideación chamado HACKCOFFEE que nesta edición terá como único punto da orde do día DESEÑAR UNHA IDEA para LUGO; os profesionais das empresas aloxadas neste espazo creativo terán como misión crear unha idea que sexa un proxecto para a cidade ou provincia de Lugo co fin de que vexa a luz en vindeiras datas.
Evidentemente a mañá de traballo revisará as necesidades de Lugo e tentará aportar unha idea que teña como principal base a creatividade, a tecnoloxía e a implicación da mocidade.
Logo do día 4 estaremos preparados para iniciar un novo proxecto innovadora para Lugo.