Benvid@
Benvida e Benvido á Creative Jam de ATLIC en Lugo, un hackathon no que precisamos que participes para unha mellora da Europa Atlántica, polo que necesitamos que cantos máis mozos e mozas queirades e podades participedes con nós neste evento de creación de ideas. O kit de benvida daráche unha práctica referencia para todo o que farás durante este evento.
Unha Creative Jam é un evento que xunta a xente nova, socios, axencias e tomadores de decisións para facilitar a oportunidade de «ser creativos» e construír prototipos para abordar problemas sociais a través de talleres e un hackathon. En cada Creative Jam, hai unha serie de temáticas a abordar. As ideas, servizos e produtos que creas deberían ligarse ao tema do evento. Para esta seleccionamos unha temática que nos preocupa moito que está relacionada co futuro das nosas Comunidades Atlánticas.
CREANDO COMUNIDADES INNOVADORAS ATLÁNTICAS Encontro da Xuventude Galega cara o futuro
Usa o deseño, o pensamento creativo e a tecnoloxía para construír novas ideas, produtos ou servizos para o teu xeito de vivir, para os espazos rurais do futuro… Queremos que penses en deseñar novos lugares para xogar, vivir, traballar, mercar, comer e ser, así como o xeito de moverse por estes espazos, experimentar e interactuar con eles.
Impactos do cambio climático nos recursos hídricos
O cambio climático está alterando profundamente o ciclo global da auga, causando efectos significativos na dispoñibilidade de auga e nos eventos extremos
A auga é fundamental para a vida e a biodiversidade, actuando como Hábitat Esencial: Sustenta ecosistemas acuáticos…Elo de Conexión Ecolóxica: Conecta diferentes ecosistemas,…
Auga e tecnoloxía manteñen unha relación crucial no século XXI. As innovacións tecnolóxicas están a transformar radicalmente a xestión, depuración, distribución e conservación da auga.
A auga é fundamental para a vida humana e xoga un papel fundamental no desenvolvemento das comunidades: Supervivencia básica. Desenvolvemento socioeconómico. Sanidade pública. Retos globais,…
O acceso á auga potable e ao saneamento está recoñecido internacionalmente como un dereito humano fundamental. O acceso á auga é esencial para unha vida digna e o desenvolvemento humano.
A auga será un recurso crítico no futuro debido ao cambio climático, o crecemento da poboación, a contaminación, as solucións emerxentes, o impacto xeopolítico,…
PROGRAMA
DÍA 1# 14 de novembro
DESCUBRE
REXISTRO E BENVIDA
Na Lug Open Factory na rúa Pintor Corredoira, 4 – 27002 – Lugo. Se precisas vir o día anterior avísanos.
ICE BREAKER: DESCUBRE A ECONOMÍA AZUL
Pola mañá, segundo chegues poderás participar nun xogo de colaboración co fin de poder identificar os problemas que temos no arco atlántico e como se poden solucionar coa economía azul. Ao mesmo tempo comezaremos a configurar os equipos para o hackathon, se non tés equipo non te preocupes, farémolos alí.
Tamén teremos a primeira reunión de equipos co noso mentor ou mentora.
KICK-OFF MEETING ATLANTIC INNOBLUE COMMUNITIES
PRESENTACIÓN DO PROXECTO ATLIC a cargo de Xosé L. Garza Silvela – Xefe do proxecto en Lugo ás 12:00 horas.
DINÁMICA SERIOUS WORK LEGO
COMEZAMOS A TRABALLAR EN EQUIPOS…
XANTAR
Xantaremos no Complexo Residencial Lug2 (no mesmo edificio). Será unha oportunidade para contactar con outros creativos e os expertos. Asegúrate de informar das túas intolerancias alimentarias.
WORKSHOPS
Ofrecémosche un abano de posibilidades formativas para que poidas adquirir coñecemento en diferentes áreas. Prioriza a túa elección – Elixe o que che guste – Terás 2 tempos de formación – Poderás elixir 2 formacións en total.
14:30 –
1. Arduino para principiantes
2. Posicionamento de marca
3. Comezo a debuxar
16:00 –
1. Presentación DemoDay. 13 claves para exponer con éxito un proyecto
2. A ferramenta de deseño de Realidade Virtual CoSpaces
3. O catálogo de aplicacións prácticas da IA
ACTIVIDADE LÚDICA
SCAPE ROOM (moi pronto poderás elixir ambiente)
CEA DE CONFRATERNIDADE nun restaurante de Lugo.
Prepárate ben porque a cea será por todo o alto, terás que ir con algo especial, pronto cho diremos.
DÍA 2# 15 de novembro
SOLUCIONA E CREA
COMEZAMOS
Durante o desafío de Creative Jam, primeiro tiveche que construír o teu equipo (máximo 4 compoñentes), no día anterior e unha vez que estiveche de acordo coa idea que querías traballar, aplicas e desenvolves as túas habilidades dixitais e creativas, a través de abordar cuestións do mundo real. Desafío prototipado de 6 horas contra as 24 horas. No día de hoxe toca traballar máis no prototipo e logo expoñelo ante o xurado.
OS MENTORES AXUDARÁNCHE
Cada equipo será coordinado por un mentor experimentado ao longo do día. Estarán alí para proporcionar ferramentas e métodos útiles para dar forma á súa idea, traballar no seu prototipo e preparar a súa presentación. Xa tés clara unha idea e queres compartila cos teus compañeiros/as. Adiante! Para elo terás 5 minutos de exposición tras dos cales deberedes negociar se é válida ou non e se está dentro dun dos retos que nos plantexamos na Creative Jam. E comezamos a traballar nos equipos co noso mentor/a.
ESTO É COUSA DE 5 MINUTOS
Tamén terás que comezar a prepararte para a presentación do proxecto diante do xurado, as presentacións non poden durar máis de cinco minutos. Para estar ben preparado, instamos a un ou dous membros do seu equipo a asistir ao taller de pitching e presentación. Pode dividir o seu equipo para que algúns membros do equipo continúen traballando no proxecto, mentres que outros asisten ao taller con Iria.
XANTAR
Xantaremos no Complexo Residencial Lug2 tipo buffet.
PREPARÁMONOS
Aínda tés un rato para preparar a presentación do equipo, este paso é moi importante.
PRESENTACIÓN DOS PROTOTIPOS
Ao rematar o evento, lanzarás o teu proxecto diante dun xurado profesional.
EQUIPO GAÑADOR
De seguido proclamaráse o equipo gañador e faráse a entrega de premios e certificados.
PREMIOS
Elexiránse tres prototipos gañadores entre os que se repartirán os seguintes premios (entre outros).
- Desenvolver o prototipo a través do proxecto ATLIC.
- Agasallo Tecnolóxico ao podium clasificado.
- Seleccionaránse tamén un número determinado de mozos e mozas para participar na International Creative Jam de Açores.
• Mantente en contacto co teu equipo. A túa idea é xenial? Segue traballando nela, configura un grupo de WhatsApp e prepárate para unha experiencia incrible!
• Selección das personas máis participativas para configurar a mesa de traballo Atlántico da mocidade no proxecto ATLIC.
• Programa de talleres, seminarios, residencias, prácticas e outros eventos prácticos en toda a rede de concentradores.
• Acceso a asesoramento, orientación e asesoramento de expertos sobre carreira e progresión futura.
Síguenos en redes sociales : @vidalactea @lugopenfactory @ATLIC @AtlicInnoblue
Hashtags #ATLICjam
E a túa música preferida ATLIC Spotify Playlist
Se vés de fóra de Lugo dámosche aloxamento de balde no Albergue Lug2. Os servizos de aloxamento e mantenza son gratuitos así como a totalidade das formacións. Este evento é de balde. E o desprazamento abonámoscho se vés en transporte público.
INSCRICIÓN
NOTAS PARA A INSCRICIÓN:
- Este evento é para mozos e mozas de 16 a 30 anos.
- No formulario : Tipo de Acción: selecciona ATLIC Jam, e volve escribilo onde pón Nome do curso.
- Para este tipo de accións non é preciso adxuntar ningún tipo de documentación.
- IMPORTANTE: indica neste formulario se tes algunha intolerancia ou alerxia e se precisas durmir no Albergue.
- Logo recibirás un mail confirmando que estás admitido.