25 e 26 de marzo by Complexo Residencial Lug2
AYCH
creative Jam
Participa nun evento de ideación xuvenil onde poderás coñecer xente coas túas inquedanzas, optar a participar en hackathons internacionais ou gañar premios.
25 e 26 de marzo Complexo Residencial Lug2
PARTICIPACIÓN XUVENIL
CAMBIO CLIMÁTICO
Analizaremos estas temáticas coa mocidade que asista na busca de solucións reais a problemas existentes no Espazo Atlántico.
25 e 26 de marzo Unha oportunidade para crear
Axudamos ás comunidades rurais con innovación para que se consolide a poboación de habitantes da Europa baleirada
Buscamos novas ideas coa Xuventude Atlántica
Durante dous días poderás participar nun evento creativo onde crearemos novas ideas e proxectos cara o ano 2030 e pensando no desenvolvemento de prototipos na Economía Azul.
DESCUBRE
As grandes posibilidades do rural e como o podemos apoiar
APRENDE
Un grupo de expertos estarán contigo para ofrecerche varias formacións
DESEÑA
Crea ideas e proxectos innovadores en equipo e gaña premios
INNOVA
Buscamos ideas innovadoras con base tecnolóxica e sostibles
Os temas
Nun Hackathon traballamos cunhas temáticas moi concretas aínda que abordan temáticas moi xerais.
A Economía Azul defínese como: “Calquera actividade económica relacionada directa ou indirectamente cos océanos, o mar e a costa”
O concepto de economía azul baséase en calquera actividade económica relacionada directa ou indirectamente co mar e a costa. Este concepto baséase na estratexia europea “Crecemento Azul”, para apoiar o crecemento sostible dos sectores mariño e marítimo e recoñece a importancia dos mares e océanos como motores da economía europea polo seu gran potencial de innovación e desenvolvemento. Baséase na Estratexia Europa 2020, que se basea nun crecemento intelixente, sostible e integrador como vía para superar as deficiencias estruturais da economía europea, para mellorar a súa competitividade e soster unha economía social de mercado sostible, sendo un dos seus obxectivos o fomento. de investigación e desenvolvemento tecnolóxico (I+D).
Pretendemos dar solución e aportar luz a aqueles aspectos que máis preocupan á xuventude cara poder dar oportunidades aos mozos e mozas, neste caso, do rural.
Que é unha Creative Jam?
A pandemia de COVID-19 conmocionou ao mundo e deixou ao descuberto fisuras nos nosos sistemas. Desde cadeas de subministración rotas ata desemprego masivo e disparidades raciais, as cousas deben cambiar!
Parece que queda xa lonxe pero non é certo e as consecuencias para o rural son moito máis profundas ampliando as fendas que existían xa antes daquela. Podemos deixar que a oportunidade de recuperación do rural pase por diante da nosa porta ou ben podemos pensar e ofrecer posibilidades para o futuro cara o ano 2030.
Facemos un chamamento a mozos e mozas de todos os recunchos da sociedade para que se unan e formen parte do cambio!
24
PARTICIPANTES
6
EQUIPOS
2
DÍAS
6
PROXECTOS
Conforma o teu Equipo
Elixe unha temática
Xa vimos antes as temáticas coas que nos gustaría que traballaras na Creative Jam: estaría ben que elexiras algunha coa que te sentiras ben e na que poideras disfrutar
Conforma un equipo
Podes vir á Creative Jam co teu equipo creado (máx. 4 p.) ou ben deixarte levar e configuralo coas personas que asistan. Canto máis multidisciplinar mellor!
Crea unha idea
E de inmediato comezaremos o proceso creativo, teredes unha persona mentora que traballará con cada equipo e que vos irá guiando polas diferentes metodoloxías
Antes de comezar é moi bo que te informes ben
Sí, a única condición que che poñemos é que teñas cumpridos os 18 anos e non pases de 30.
Non, é un evento gratuito que cubre todos os gastos de mantenza, formacións e actividades. Se vés de fóra de Lugo avisa que poderás durmir de balde no Albergue Xuvenil Lug2.
Non, con que veñas tí e traias moitas gañas de facer cousas novas, xa está! Pero se traes o teu portátil moito mellor!!!
Absolutamente nada, fai todas as preguntas que precises. De tódolos xeitos non te preocupes na Creative Jam terás personas que te formen, te asesoren, te guíen,…
Non quedes con dúbidas
Podes contactarnos
Envíanos un WathsApp
620 789 835
Fórmate con eles@
Karol
Upciclyng
Iria
Comunicación
Raúl
IA
Saúl
SEO
Lole
Deseño Gráfico