Noticias

Ocio en Galicia: plataforma de música

Publicado el

O noso coworker Ocio en Galicia vén de comezar unha iniciativa moi fermosa para estes tempos. Artistas de diferentes paos se poñen en contacto coa plataforma a fin de ofrecer entrevistas e pequenos concertos para que poidamos disfrutar todos.

O primeiro deles foi o artista internacional Dorian Wood que interpreta en exclusiva para a web www.ocioengalicia.com, o tema de Chavela Vargas: “Me lleva el Diablo”.

“En estos momentos de confinamiento, ha sido todo un placer poder charlar con el y que nos dedicase unos minutos de su tiempo.” – nos conta Julio no seu espazo.

Nacido en Los Ángeles, California, Wood está considerado coma un artista con carisma vocal propio dun predicador e tan experimental que faría que os máis vangardistas esmoreceran, segundo Cultura WNYC.

Ocio en Galicia fai un chamamento a tódolos artistas galegos a que se queren unha plataforma para compartir as súas composicións nestas datas se poñan en contacto a través da súa web e lle fagan propostas a Julio.