Noticias

TERRA CREATIVE JAM

Os días 25 e 26 de novembro, mozos e mozas de entre 16 e 30 anos puideron formar parte da Terra Creative Jam. As nosas Creative Jams reúnen a mozos e mozas con ideas afíns durante varios días para resolver desafíos sociais, ambientais, tecnolóxicos. Os xóvenes terán acceso a formacións en novas tecnoloxías da nosa mano, actividades de educación non formal e Design Thinking; seguindo as metodoloxías do programa Atlantic Youth Creative Hubs de Interreg Atlantic Area.
A pandemia COVID-19 provocou ondas de choque en todo o mundo e expuxo fisuras no noso sistema. Dende a ruptura das cadeas de subministración ata o desemprego masivo e as disparidades raciais, as cousas deben cambiar. Para recuperarnos da pandemia, podemos seguir enchendo as fendas ou podemos pensar e achegar solucións. A Universidade de Santiago de Compostela
a través da Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento (AVTE) e coa colaboración da Área de Orientación Laboral no Campus Terra USC de #Lugo CONVOCA aos mozos e mozas de Galicia a xuntarse e formar parte do FUTURO SOSTIBLE.
Na Creative Jam Terra buscamos analizar diferentes temáticas que preocupan hoxe en día e darlles diferentes solucións.
Universidade de Santiago de Compostela
✔️ ECONOMÍA VERDE
O futuro é a sostenibilidade, qué debemos cambiar?, como protexemos a nosa biodiversidade? temos que convencernos de educar en valores naturais e na análise climática? Producción eficiente e sostible.
✔️ EDUCANDO NA IGUALDADE
A igualdade de oportunidades e a educación inclusiva como transformación da sociedade.
✔️ CONSTRUÍMOS TECNOLOXÍA
A aposta do futuro é a creatividade, debe de estar en todos os procesos da empresa; apostamos polas industrias creativas e o sector audiovisual como propostas de futuro.
✔️ EMPRENDEMENTO DIXITAL
Deseño, tecnoloxía, robótica, o internet das cousas,… A economía do rural tén que facer unha clara aposta por traballar na fenda dixital que existe hoxe en día. Prototipamos modelos?
✔️ ALIMENTACIÓN E VIDA SOSTIBLE
Como podemos mellorar a nosa calidade de vida coa tecnoloxía e a seguridade alimentaria? Analizamos a vida activa e saudable, a alimentación o tempo libre das persoas.
✔️ EXPLORANDO O BENESTAR
Somos conscientes de que vivimos nunha sociedade rural? Como mellorar a alimentación natural, o benestar animal e o medio ambiente?
O prototipo gañador plantexaba a creación dun Fab Lab de Reutilización de xeito que buscan a través do deseño reutilizar diferentes elementos da vida cotiá.

Dende a Lug Open Factory queremos agradecer a colaboración de todas e de todos os que tivestes que ver con esta fenomenal Creative Jam.